Esta edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión arredor da domus do Mitreo, desde como se integraba na paisaxe urbana, cales eran os fundamentos antropolóxicos da alimentación, como evolucionaron os coidados na época romana...

O 11 de marzo ás 10.00 horas haberá unha charla do profesor Isidoro Rodríguez Pérez na Aula 5 da Escola Universitaria de Enfermería do campus de Lugo sobre 'A evolución dos coidados en época romana, primeiros cristiáns e Idade Media. Pegada actual' á que asistirá o estudantado da Escola Universitaria de Enfermería. A entrada está aberta para toda a comunidade universitaria. Ademais, o estudantado participante na faísca poderá realizar unha visita guiada con Celso Rodríguez Cao á Domus do Mitreo.
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.
