Pasar al contenido principal

Programa de Bolsas Santander Microcredenciais 2025

A USC convoca 65 bolsas para estudantes da USC que vaian realizar microcredenciais universitarias ou cursos de formación específica durante o ano 2025, enmarcadas no Programa “Becas Santander I Microcredenciales 2025”, impulsado e financiado polo Grupo Santander co obxectivo de promover a formación o longo da vida para mellorar a empregabilidade dos estudantes.

Contía das axudas

65 bolsas que ofrecen un desconto de 300 euros sobre o prezo da matrícula (excluído o seguro de accidentes obrigatorio).

Requisitos

  • Maior de 18 anos.
  • Residente en España.
  • Inscribirse e matricularse nunha das formación ofertadas a través da Secretaria Virtual do Estudante da USC.
  • Inscribirse no Programa “Becas Santander – Microcredenciales 2025 III Edición” a través da ferramenta do Santander na plataforma www.santanderopenacademy.com .
  • Realizar o test de motivación coa inscrición na plataforma do Santander
  • Non ter sido beneficiario anteriormente do programa de bolsas Santander Microcredenciais 2025.

Presentación de solicitudes para a III Edición 

Para solicitar estas bolsas os estudantes deben inscribirse na Plataforma do Banco Santander dende o 1 de outubro de 2025 ata o 28 de outubro de 2025 (ambos incluídos).

Concesión das bolsas

A concesión das bolsas será xestionada pola USC por rigorosa orde de inscrición na aplicación do Santander ata completar o número de bolsas ofertadas.

A USC resolverá a adxudicación destas bolsas ata o 28 de novembro de 2025. A aplicación do Banco Santander comunicará por por email a concesión das bolsas ó 29 de novembro de 2025.

Obrigas dos/as beneficiarios/as

Os/as beneficiarios/as destas bolsas deben de cumprir as seguintes obrigacións, estando a axuda condicionada ao completo cumprimento das mesmas:

  • Estar matriculado na microcredencial ou curso da USC a través da Secretaria Virtual de Estudantes antes do 4 de decembro de 2025 (incluído).
  • Aceptar a bolsa na plataforma do Banco Santander antes do 5 decembro de 2025 (incluído).

A universidade aplicará a axuda como desconto do prezo de matriculación a abonar o/a beneficiario/a. No suposto de que o/a beneficiario/a pagara o importe completo, reintegraráselle a cantidade de 300€. 

No caso de incumprimento por parte do/da beneficiario/a de calquera das condicións, requisitos e obrigacións previstos, deberá devolver o importe da axuda e abonar o prezo íntegro da matrícula. Nese caso, a universidade procederá á reasignación ao seguinte solicitante incluído na lista de reservas que cumpra cos criterios establecidos.

Santander Open Academy
Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.10.2025.