24.04.2025-09.05.2025

A Facultade de Xeografía e Historia acolle dende este 24 de abril, no segundo andar, unha exposición do fondo de fotografía do Partido Comunista Portugués (PCP) sobre o 25 de abril, a Revolución dos Caraveis. A exposición de fotografías ficará no centro ata o 9 de maio. Mentres dure, na pantalla do segundo andar, proxectarase un documental sobre o papel das mulleres nesta revolución.
