Ir o contido principal

Exposición sobre a Revolución dos Caraveis

24.04.2025-09.05.2025

O acto inaugural que botará a andar ás 19.00 horas servirá para facer un percorrido comentado polas fotografía expostas

Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite

A Facultade de Xeografía e Historia acolle dende este 24 de abril, no segundo andar, unha exposición do fondo de fotografía do Partido Comunista Portugués (PCP) sobre o 25 de abril, a Revolución dos Caraveis. A exposición de fotografías ficará no centro ata o 9 de maio. Mentres dure, na pantalla do segundo andar, proxectarase un documental sobre o papel das mulleres nesta revolución. O acto inaugural que botará a andar ás 19.00 horas deste xoves 24 servirá para facer un percorrido comentado polas fotografía expostas e mais ter, a continuación, unha breve mesa redonda na Sala de Profesorado. Participará o decano Antonio Míguez Macho e integrantes do PCP. 

Cartel da mostra
Cartel da mostra
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2025.