04.06.2025 | 18.00h-19.00h
A editorial Wiley organiza varios seminarios para dar a coñecer as claves da produción editorial entre bibliotecarios e investigadores. As formacións terán lugar entre os meses de abril e xuño.

A presentación abordará os seguintes temas:
- A importancia da visibilidade do artigo unha vez publicado
- Ferramentas e estratexias dixitais para aumentar a visibilidade.
- Técnicas de posicionamento en buscadores (SEO) e o uso estratéxico de palabras clave, con exemplos de optimización para Google e Google Scholar
- Emprego de redes sociais para manexar a reputación profesional e online
- Uso de blogs e comunicados de prensa para promocionar os artigos online
Para inscribirte, pica aquí