Skip to main content

Seminario web con inscrición previa

Como promocionar con éxito o teu artigo unha vez publicado

06.04.2025 | 18.00h-19.00h

A editorial Wiley organiza varios seminarios para dar a coñecer as claves da produción editorial entre bibliotecarios e investigadores. As formacións terán lugar entre os meses de abril e xuño.

As sesións teñen como obxectivo dar a coñecer as claves da produción editorial
As sesións teñen como obxectivo dar a coñecer as claves da produción editorial

A presentación abordará os seguintes temas:

  • A importancia da visibilidade do artigo unha vez publicado
  • Ferramentas e estratexias dixitais para aumentar a visibilidade.
  • Técnicas de posicionamento en buscadores (SEO) e o uso estratéxico de palabras clave, con exemplos de optimización para Google e Google Scholar
  • Emprego de redes sociais para manexar a reputación profesional e online
  • Uso de blogs e comunicados de prensa para promocionar os artigos online

Para inscribirte, pica aquí

The contents of this page were updated on 04.25.2025.