
A Cátedra institucional Otero Pedrayo inicia o mércores 14 a súa andaina co acto de imposición da Insignia de Ouro da Universidade de Santiago ao actor e dramaturgo galego Manuel María Lourenzo Pérez.
Será o reitor Antonio López quen presida este acto ás 12.30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), que estará acompañado da directora da cátedra, Dolores Vilavedra, e do co director, Francisco Durán.
A Cátedra traballará para manter, arrequentar e espallar o coñecemento do legado artístico e intelectual de Ramón Otero Pedrayo, en tanto figura sobranceira da Galicia do século XX. As súas actividades procurarán expandirse nos ámbitos galego, estatal e internacional impulsando a colaboración tanto con institucións e entidades públicas, o Institut Ramon Llull ou o Instituto Cervantes, por exemplo, como emanadas da sociedade civil, tal como diversas fundacións ou casas-museo na traxectoria, o pensamento e a obra do autor, así coma co estudo da tradición galeguista e da memoria da Xeración Nós e das súas principais figuras.