Pasar al contenido principal

Xornadas BenVidaUSC

Concerto de Mondra e Ulex

25.09.2025 | 20.30h

Praza de Mazarelos
Santiago de Compostela

Mondra
Mondra

Mondra, con Ulex como abreconcerto, actuará nas xornadas de BenVidaUSC do curso 2025/26, cun concerto na Praza de Mazarelos de Santiago de Compostela. A actuación será o xoves 25 de setembro ás 20.30 horas, con acceso libre e de balde.

Mondra

Artista, cantareiro e bailador, Mondra é un dos nomes máis sobranceiros da escena musical do país. Co seu álbum debut, titulado ARDĒN (Altafonte Music Spain, 2023), acada o recoñecemento unánime de público e crítica, xunto a outros galardóns, como o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024, ou o Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip 2025 por MARIMONDRA. Sobre os palcos, Mondra ten realizado ata a data máis de oitenta concertos dentro e fóra da xeografía galega coa súa FOLĪA das ARDENTES, aclamada polo público. En maio de 2025, lanzou o seu segundo traballo discográfico, DE RONDA, un álbum persoal e irreverente, “para seducir ou ser seducido”, que presenta un novo son, orgánico e fresco da man de Hevi, responsable da produción (Laboratorio Soyuz).

Ulex

Ulex fórmase en Compostela en setembro de 2022 e xorde do amor pola música e as ganas de tocar de catro adolescentes Xian Castro (voz principal e guitarra rítimca), Mónica Fuentes (baixo), Tomás Sánchez (guitarra solista e coros) e Martinho Quintela (batería e voz principal). Con influencias de bandas galegas como Ataque Escampe, Familia Caamagno, Grande Amore, The Rapans ou O Sonoro Maxín esta banda chamada coma o nome científico do toxo "fai rock atolondrado" –como din eles – "con aires cumbieiros". 

Cartel do concerto
Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.09.2025.