Pasar al contenido principal
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural
Imaxe da faísca

O programa de faísca cultural Matemáticas contra o fascismo: a serie clopen xirará, nunha ocasión máis, arredor dunha produción do Centro Dramático Galego, en concreto A serie clopen.

A través das matemáticas, a física e a historia contemporánea reflexionaremos sobre o momento político actual: o auxe dos absolutismos, dos fascismos, o aumento da desigualdade ou o novo contexto bélico. Así, nesta ocasión contaremos coa participación das facultades de Xeografía e Historia, de Matemáticas e de Física.

O acceso ás actividades é libre para a comunidade universitaria ata completar a capacidade dos espazos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.10.2025.