Pasar al contenido principal

Presentación do libro ‘Tiempo y viaje en la Compostela medieval’, de Xosé Sánchez Sánchez

10.10.2025 | 19.00h

Santiago de Compostela
Paraninfo da Universidade

A presentación será no Paraninfo
A presentación será no Paraninfo

O Paraninfo da Universidade acolle o venres 10 o acto de presentación do libro Tiempo y viaje en la Compostela medieval: estudios sobre tiempo, individuo y peregrinación en la Edad Media, da autoría de Xosé Sánchez Sánchez e coeditado polo Consorcio de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela.

A presentación, ás 19.00 horas, contará coas intervencións do decano da Facultade de Xeografía e Historia, Antonio Míguez Macho, do xerente do Consorcio de Santiago, José Antonio Domínguez Varela, e do propio autor. Ademais, estarán presentes na mesa o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco Valdés, e o responsable de publicacións do Consorcio de Santiago, Juan Conde Roa.

A monografía transita polas ideas e nocións que, do tempo, tiñan os individuos no seu camiño cara a Santiago e polas formas que esas ideas implican. Desde a perspectiva das fontes documentais, os edificios, os obxectos e ritos –e todo iso desde a morfoloxía da cidade e das súas rutas–,arguméntanse os cambios producidos en torno ao século XII, que definen usos diversos na percepción do tempo.

Portada do libro
Portada do libro
Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.10.2025.