Aberta a inscrición do curso microcredencial universitaria en Emprendemento: fundamentos xurídicos, financeiros e empresariais

As persoas insteresadas no curso microcredencial universitaria en ‘Emprendemento: fundamentos xurídicos, financeiros e empresariais’ poderán beneficiarse do programa de Bolsas de Banco Santander, de xeito que as primeiras 42 solicitudes poderán cursalo totalmente de balde. A inscrición, xa aberta, poderá formalizarse ata o 28 de outubro.
O curso desenvolverase do 26 de xaneiro ao 10 de abril coa finalidade de dotar ás persoas que o superen dun marco realista para emprende con confianza, a dotándoo de ferramentas para comprender o ciclo emprendedor e as fases de validación dunha idea, ademais de escoller a forma xurídica axeitada e xustificala fronte outras alternativas, ademais de aplicar principios de ética e sustentabilidade ao modelo de negocios.
O programa confórmano 30 horas na plataforma Moodle da USC, con docencia e titorías en liña, nas que o estudantado familiarizarase coas particularidades do plan de negocio, os aspectos legais relacionados coa creación de empresas e a xestión empresarial. A avaliación inclúe a elaboración dun caso práctico final.