15.10.2025 | 19.30h

O Club Cultural Valle-Inclán inicia as Sesións de Filmoteca do Outono Cultural 2025 coa proxección do documental 'Castelao: la biografía de un ilustre gallego', de Jorge Pelorán-Manolo Ferrol (Arxentina, 1980, 126 min), que traza o percorrido vital e artístico do intelectual, artista e político galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao desde a súa chegada á Pampa arxentina con dez anos en 1896, onde o seu pai tiña un negocio, ata a súa morte en 1950. Será o mércores 15 de outubro no Salón de Actos da Casa do Saber ás 19.30 horas.
Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.
A entrada é de balde para a comunidade universitaria.