Unha actividade formativa e cultural que combina a proxección de películas con coloquios sobre temas de actualidade económica e social

📅 Datas das sesións:
- 20 de outubro: Margin Call
- 3 de novembro: Kneecap
- 24 de novembro: Soy Nevenka
- 9 de febreiro: War Dogs
- 23 de febreiro: The Grapes of Wrath
- 9 de marzo: Blackberry
- 30 de marzo: La Haine
- 20 de abril: Don’t Look Up
🕕 Hora: Luns ás 18:00
📍Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
🎓 Recoñecemento académico:
A actividade está recoñecida con 1 crédito ECTS para todo o estudantado da USC. Polo tanto, se coñecedes estudantes doutras Facultades que poidan ter interese na actividade, tamén podedes convidalas a participar.
📌 Inscrición:
- Gratuíta, a través do seguinte formulario: https://forms.cloud.microsoft/e/FV6UeER68L?origin=lprLink
- Prazo: Ata o 20 de outubro (día da primeira proxección)
- Prazas limitadas (100), por orde de inscrición
- Terá preferencia o estudantado dos graos de Economía e ADE
Os coordinadores da actividade son Adrián Dios Vicente e Raul Ríos Rodríguez. Podedes poñervos en contacto con eles se tedes dúbidas nos seguintes correos: adrian.dios [at] usc.gal (adrian[dot]dios[at]usc[dot]gal) e @raul.rios [at] usc.gal (raul[dot]rios[at]usc[dot]gal).
Se che interesa o cine, a economía e a reflexión crítica sobre a sociedade actual, esta é unha oportunidade perfecta para aprender e compartir ideas nun ambiente enriquecedor.
¡Esperámoste!