O IX Findecurta vaticina 11 escenarios do ‘Último día na Terra’
O certame cinematográfico promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural e que citou uns 100 participantes premiará con 400 euros o traballo máis valorado polo xurado e garante a proxección das dúas mellores propostas na Semana de Cine de Autor de Lugo
Leer másUnha nova Faísca Cultural prende a reflexión sobre a sociedade do espectáculo e a construción de identidades
Nesta ocasión participará alumnado de Ciencias da Comunicación e de Psicoloxía, empregando como fío a última produción do Centro Dramático Galego
Leer másAbre en Fonseca a exposición ‘Xéneros e números’ do escultor Álvaro de la Vega
A mostra poderá verse no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca ata o 25 de maio, de luns a venres, en horario de 11 a 14 e de 17 a 20.30 horas.
Leer másA arte urbana mellora as cidades, crea conciencia e dá proxección mundial, salientan investigadoras da USC
O monográfico ‘Pegadas no muro: relatos e proxectos de arte urbana’ abordará en Humanidades o impacto cultural e socioeconómico deste fenómeno artístico en auxe
Leer másOs Encontros de Lúa Chea chegan ao seu décimo aniversario cun coloquio sobre a pornificación cultural
A profesora Mar Pérez Fra modera este xoves, ás 19.30 horas, na cafetería da EPS de Enxeñaría, un coloquio no que Lorena Añón, Noa Lombao e Sofía Pérez afondarán no concepto de pornificación e o seu impacto na sociedade.
Leer másTempo de danza na USC
Un ano máis, e xa van máis de 20, chega este mes de abril á Universidade de Santiago o Encontro Universitario de Danza, unha das actividades máis destacables e visibles do Espazo de Danza da USC que busca favorecer o intercambio cultural a través da danza e achegar esta disciplina artística ao resto da sociedade.
Leer másAbril escénico na USC
A Aula de Teatro da USC desenvolverá ao longo do mes de abril unha intensa actividade escénica. Será a mediados de mes cando teña lugar en Lugo o Festival de Teatro Universitario e uns días despois en Compostela a Mostra de Teatro Universitario de Galicia. Estas dúas importantes citas completaranse con varios obradoiros de arte escénica, a iniciativa ‘escaparArte’ e a presentación do exercicio final da Escola de Teatro.
Leer másO Museo de Historia Natural incorpora unha mostra sobre a evolución da investigación mineralóxica
A exposición fai un percorrido por este ámbito de estudo, dende os traballos de René Just Haüy ata o recente descubrimento da ermeloíta
Leer másÚltimos días para visitar a mostra ‘A memoria do deserto’ de Saleta Rosón
Con imaxes das cidades abandonadas de Kolmanskop (Namibia) e Al Madam (Emiratos Árabes)
Leer másNovo premio do xurado para a compañía de teatro da USC no Festival Internacional da Beira Interior
Por segundo ano consecutivo, a Aula de Teatro da USC faise co galardón do xurado, nesta ocasión coa peza ‘Antropoloxía do bico (a síndrome do túnel carpiano)’
Leer másO impacto social da arte urbana, a análise no Curso de Primavera da USC do 10 ao 12 de abril en Humanidades
Diego AS, Yoe 33, May Rojas, Pía Piadosa ou Asunción Moreno participarán, xunto con outros 30 artistas, expertos e investigadores nacionais e internacionais nun programa gratuíto que mantén aberta a inscrición ata o 5 de abril
Leer másUnha mostra en Fonseca pon en valor o labor anónimo das mulleres na industrialización do mar en Galicia
A exposición 'As mulleres e o mar. O traballo feminino nas industrias marítimas de Galicia. Séculos XIX e XX' serve de tributo ás traballadoras vencelladas estreitamente a este sector
Leer más