La Asociación Itínera nació en 2005 como resultado de experiencias de voluntariado llevadas a cabo desde el año 1993 en el Hospital Psiquiátrico de Conxo. En esos doce años se pusieron en marcha programas educativos, recreativos y deportivos en los que participaron más de 400 voluntarios.
El objetivo de la Asociación Itínera es lograr un mayor nivel de socialización de las personas con trastornos mentales severos y facilitar su integración, participación social y combatir el estigma social que se asocia a las enfermedades mentales.
En la actualidad también tiene dos programas desarrollados en colaboración con la Unidad de Trabajo Social del Departamento de Servicios Socias del Ayuntamiento de A Estrada en su villa.
Speaking
Grupo de conversa en inglés guiado por unha persoa nativa. Nesta actividade as persoas participantes teñen a posibilidade de mellorar os seus coñecementos no idioma dun xeito dinámico e distendido.
Horario: luns, de 16 a 17 h.
Prazas: 1
Informática
Nesta actividade as persoas participantes melloran a súa autonomía dixital a través de exercicios prácticos nos que manexar programas ofimáticos, navegación web segura ou uso de aplicacións, entre outros.
- Horario: martes e xoves, de 10 a 13 h.
- Prazas: 3
Espazo creativo
Esta actividade desenvólvese no Hospital Psiquiátrico de Conxo. Trátase dun grupo de creación artística no cal as persoas participantes poderán experimentar de forma libre con diferentes materiais.
- Horario: os días están por determinar pero será en horario de 17 a 18:30h.
- Prazas: 5
Grupo de apoio ao estudo
Clases de apoio para persoas adultas que están a preparar materias de diferentes niveis formativos (ESAD, FP etc.) así coma probas de acceso ou oposicións.
- Horario: de luns a venres, de 10 a 14 h.
- Prazas: 2
Clube de lectura e obradoiro de escrita
Consiste na lectura dun libro durante dúas semanas para comentar, despois, as impresións en cada sesión. Posteriormente realízase un texto propio en base a unha idea ou premisa comentada no grupo e preséntase antes ás demais compañeiras e compañeiros.
- Horario: luns, 17 a 18:30 horas.
- Prazas: 3
Debate e análise crítico
Escóllense temas de actualidade e confórmanse grupos en base á elección dos mesmos. Cada persoa debe investigar sobre o tema que escolleu e preparar a argumentación co seu grupo. Realízase unha exposición dos temas e un debate.
- Horario: martes, de 16:30 a 19 h.
- Prazas: 3
Educación medioambiental
Actividades de concienciación sobre o respecto ao medioambiente e o patrimonio natural e cultural. Realízase mediante traballos de recuperación e limpeza nos arredores da zona do Banquete de Conxo/Brañas do Sar, así como recuperación e mantemento nun cemiterio de comezos do século XX ou andainas.
- Horario: mércores, de 15:30 a 18:30 horas.
- Prazas: 4
Clube de cine
Cine-forum. Proxección e comentario de películas clásicas. Tamén se levan a cabo sesións especiais como obradoirios ou eventos relacionados co cine.
- Horario: xoves, de 17 a 19 h.
- Prazas: 2.
Programa Amigos
Acompañamento a persoas con TMS que carecen de rede social. Un ou dous voluntarios/as asígnanse como amigos/as individuais de persoas con trastornos mentais. Xeralmente viven en pensións supervisadas, pisos protexidos e, en todo caso, presentan un forte illamento social. Neste caso as actividades, como é lóxico, non están preconfiguradas. É un programa invisible. Carece de tempos e espazos determinados: horario adaptado á dispoñibilidade das persoas voluntarias e usuarias/os. Esta actividade desenvólvese en dous concellos:
SANTIAGO DE COMPOSTELA
- Horario: variable, entre as 10 e as 20 h.
- Prazas: 6
A ESTRADA
- Horario: venres, entre as 10 e as 20 h.
- Prazas: 2