A verdadeira meta das súas actividades deportivas é promover as capacidades de cada participante, redirixindo a atención, non ás súas limitacións, senón a características como a iniciativa, o liderado, a cooperación, o valor e o autocontrol. Igualmente potencian cualidades como a axilidade, a flexibilidade, a resistencia e a coordinación, características que axudan ás persoas con discapacidade intelectual a melloras a súa confianza e autoestima.
Coas xornadas deportivas procuran:
- Proporcionar oportunidades para desenvolver aptitudes físicas.
- Promocionar o deporte base.
- Potenciar a participación das persoas con discapacidade intelectual en actividades deportivas normalizadas.
- Apoiar ás persoas con necesidades especiais, contribuíndo así o desenvolvemento persoal e social.
- 0frecerlles aos participantes posibilidades reais de gañar.
- Adaptar a proba á persoa con discapacidade intelectual, e non a persoa á proba.
- Un sistema de competición para tódalas entidades de persoas con discapacidade intelectual nas diferentes modalidades deportivas.
- Dar maior relevancia aos deportes minoritarios e adaptados ás persoas.
- Ofrecer unha competición adaptada e de calidade.
- Formar ao persoal técnico deportivo para ofertar unha calidade á hora de adestrar.
- Visibilizar na sociedade as capacidades das persoas con discapacidade intelectual.
- Fomentar a colaboración entre entidades que traballan con persoas con discapacidade.
- Abrir á cidadanía as súas actividades, incluíndo deportistas con e sen discapacidade intelectual.
Xogos Nacionais de fútbol sala
Competición de fútbol sala adaptado na que participan asociacións de persoas con discapacidade intelectual de todo o territorio español. Catro xornadas para celebrar o espírito deportivo e a inclusión na cidade de Ourense (cubrirase o desprazamento á cidade).
- Horario: do 13 ao 16 de Novembro do 2025 . Todo o día. Existen outras posibilidades horarias para a colaboración.
- Prazas: 15 persoas voluntarias
Xogos Autonómicos de Natación
Actividade de deporte adaptado na que os/as deportistas compiten en diferentes niveis para demostrar as súas habilidades dentro da auga. Unha modalidade deportiva do máis completo e terapéutico que non podía faltar no calendario de Special Olympics Galicia.
- Horario: marzo/abril de 2026 Por determinar horario e lugar do evento.
- Prazas: 10 persoas voluntarias
Xogos Minoritarios
Xornada deportiva que leva por bandeira a igualdade de oportunidades e a visibilidade de deportes minoritarios. Nesta actividade as/os deportistas poñen a proba as súas habilidades nas seguintes competicións: probas adaptadas, chave, tenis de mesa, bádminton... facendo realidade a existencia dunha oferta deportiva para todas/os.
- Horario: marzo de 2026 Por determinar horario e lugar do evento.
- Prazas: 10 persoas voluntarias
Xogos Autonómicos de Atletismo
Xornada de atletismo adaptado na que as/os deportistas compiten en varias categorías e niveis segundo as súas marcas persoais. Unha das modalidades deportivas con máis participación e espírito deportivo de Special Olympics Galicia.
- Horario: abril de 2026 Por determinar horario e lugar do evento.
- Prazas: 10 persoas voluntarias.
Xogos Autonómicos de Campo a través e Petanca
Xornada deportiva na que máis de 200 participantes desfrutan poñendo a proba a súa puntería e resistencia. Unha das modalidades con mellor acollida de Special Olympics Galicia, que deixa claro os xogos tradicionais están máis vivos que nunca!
- Horario: maio 2026. Por determinar horario e lugar do evento.
- Prazas: 10 persoas voluntarias
Maratón urbano
Xornada na que se saca o deporte adaptado á rúa. No maratón urbano as/os participantes compiten por niveis buscando superar as súas mellores marcas nunha xornada de deporte ao aire libre, na que aproveitan os primeiros raios de sol do inicio do verán.
- Horario: xuño 2026. Por determinar horario e lugar do evento.
- Prazas: 10 persoas voluntarias
Sendeirismo
Actividade que mestura deporte e cultura nun único plan. A actividade de sendeirismo ofrece ás persoas participantes unha fin de semana de desconexión da rutina, e a oportunidade de coñecer tesouros agochados do noso territorio.
- Horario: diferentes fins de semana dos meses de Maio e Xuño de 2026.
- Prazas: 5 persoas voluntarias
Vacacións de verán
As vacacións de verán son días de ocio e convivencia entre asociacións de discapacidade de toda Galicia. Sete días para desfrutar do verán en diferentes aloxamentos da nosa xeografía: Pontevedra, Vilanova de Arousa, Vilagarcía, Valadouro...
Para deseñar os mellores plans, as persoas participantes votan que actividades das ofertadas lles parecen máis interesante, elabórase un calendario que asegure a participación e desfrute de todas/os e... a gozar das merecidas vacacións!
- Horario: diferentes quendas nos meses de xuño, xullo e agosto de 2026.
- Prazas: 10 persoas voluntarias