Il canzoniere del trovatore Roi Queimado

Pilar Lorenzo Gradín, Simone Marcenaro

Roi Queimado exerceu a súa actividade poética en torno á metade do século XIII. O seu cancioneiro non só percorre as grandes liñas temáticas e formais da tradición galego-portuguesa, senón que tamén dá mostras de orixinalidade e destreza retórica ao xogar cos tópicos da poesía amorosa para abrir novas posibilidades creativas no rexistro cortés. A edición crítica e o estudo dos textos que ofrece o volume poñen de manifesto que Queimado é moito máis que o cantor do binomio eros – thanatos. A análise das súas cantigas revela o importante papel que o autor desenvolveu no círculo de poetas que animaron cos seus textos as cortes do occidente ibérico entre ca. 1240-1260.