La canción de mujer en la lírica medieval

Pilar Lorenzo Gradín

A monografía aborda o estudo comparado da denominada canción de muller, desde os primeros textos escritos en latín ata as súas manifestacións nos cancioneiros casteláns dos séculos XV e XVI. Tras proceder á demarcación da devandita modalidade literaria, o volume analiza os seus trazos poéticos e temáticos. O percorrido efectuado amosa que en todas as tradicións se constata un dobre movemento, que, en ocasións, foi aproveitado polos trobadores e xograres para compoñer cancións caracterizadas por un considerable grao de hibridez textual. Así, por unha banda, percíbese a tendencia a integrar os poemas nas modas estéticas imperantes (sobre todo, dende o punto de vista formal) e, por outra, a introducir neles referentes primitivos de carácter tradicional que marcan o discurso lírico de maneira suxestiva e singular.