Analízase a configuración da tipoloxía das tençoes na lírica galego-portuguesa, unha modalidade de carácter minoritario fronte aos tres principais xéneros poéticos e que presenta un corpus dunha trintena de composicións, con temas e características formais particulares e con especial vinculación co partimen, ao pertencer ambas as tipoloxías aos xéneros dialogados. Tómase como base a súa catalogación nos tratados poéticos da época, as mencións xenéricas que se rexistran nas cantigas e as rúbricas explicativas que acompañan a certas composicións dos cancioneros B e V.
Artigo
Revista: Cultura Neolatina
Ano: 2014
Volume: LXXIV
Páxinas: 181 - 201