Cantigas de Santa María
Investigador principal
Equipo investigador
Antonio Rey Somoza, Fernando Magán Abelleira, M.ª Xesús Botana Villar, Milagros Muíña García, Francisca Martínez Rodríguez, M.ª José Canedo Souto, Iria Mariño, Leticia Quintáns Bautís, Ana M.ª Louzán Casais
O proxecto Cantigas de Santa María forma parte do macroproxecto ArGaMed, sumando así o corpus da poesía relixiosa escrita en galego-portugués ó da lírica profana, para ofrecer dese xeito unha visión de conxunto da produción poética da escola trovadoresca galego-portuguesa. Esta ollada enriquece ambos os dous rexistros ó permitir contemplar a produción mariana no seu contexto poético e, ó mesmo tempo, extender o movemento trovadoresco a un xénero completamente distinto, pero que comparte ca súa matriz formas métricas, certos temas e motivos e, probablemente, autores.
Así mesmo, a incorporación de bibliografía específica sobre as CSM, Alfonso X e o seu reinado, complementa a enorme base de datos bibliográfica MedDB.