La expresión de las emociones en la lírica gallego-portuguesa (primera aproximación)

María Mercedes Brea López

 

 

En maio de 2011 foi presentado na Accademia dei Lincei de Roma un proxecto que contiña “una mappa delle emozioni nella lirica trobadorica, trovierica e antico-italiana”, que representaba un primeiro intento provisorio de clasificación do léxico das emocións en lemas e destes en macrolemas. Este traballo pretende incorporar a esa táboa os datos provisionais relativos á lírica galego-portuguesa; a adscripción de macrolemas a emocións e categorías faise nalgúns casos aplicando criterios etimolóxicos, en agarda de que estudos particularizados permitan establecer unha clasificación máis precisa, non só para esta tradición senón para todo o conxunto románico, así como unha depuración e un posible enrequecemento de lemas coa inclusión de algúns que aínda non figuran. Unha das primeiras conclusións que se poden extraer da confrontación entre as catro tradicións líricas é a progresiva reducción de macrolemas diferentes partindo do occitano (tomado como punto de partida, non só por ser o primeiro –e o modelo– senón tamén porque é o corpus onde se ten avanzado máis no estudo onomasiolóxico) ata o galego-portugués, sobre todo nalgunha das categorías; pero tamén poden apreciarse macrolemas que alcanzaron nesta tradición un desenvolvemento particular e que merecen un estudo máis pormenorizado.