A importancia das trobairitz como compositoras foi moi discutida polos investigadores, especialmente nos traballos máis antigos, xa que son as primeiras mostras de voces de autoras na literatura medieval en linguas vernáculas e, en particular, na lírica trobadoresca, o que favoreceu certa polémica sobre a atribución dalgunhas composicións. Un exemplo de trobairitz cuestionada é Alamanda, cuxo nome aparece nunha composición dialogada con Giraut de Bornelh. No noso traballo aproximarémonos a este personaxe feminino, estudando as distintas referencias que se documentan noutros textos e fixándonos, en particular, na composición dialogada S’ie·us qier conseill, bella amia Alamanda, clasificada propiamente como tenson ou tenson ficticia, segundo a identificación da autora (real ou non real).
Capítulo
Libro: Locas. Escritoras y personajes femeninos cuestionando las normas
Lugar: Sevilla
Editorial: Arcibel Editores
Ano: 2015
Páxinas: 1656 - 1670
ISBN: 978-84-15335-66-5