A Cantiga 96 das Cantigas de Santa Maria presenta o detalle dunha cabeza cortada dun viaxeiro que volve ao corpo de pertenencia para permitir a confesión do suposto pecador. O artigo quere enfocar a relación que o texto galego-portugués manten coa tradición literaria dos miragres marianos, analizando as analoxías e as diverxencias co relato presente no Bonum Universale de Apibus de Thomas de Cantimpré. Na parte final, evidéncianse as estratéxias retóricas e doutrinais que caracterizan o texto galego-portugués, para subliñar o poder e a versatilidade da intervención mariana no contexto da modalidade de ‘retraso da morte pola confesión’.
Artigo
Revista: Cultura Neolatina
Ano: 2016
Volume: LXXVI
Número: 3-4
Páxinas: 289 - 322