Estuda as condicións nas que a sociedade contemporánea leva a cabo a recreación da cultura medieval, para o que centra a súa atención nos novos modos de construción narrativa. Estes están condicionados pola crise da razón e a palabra, a volta do mito como clave hermenéutica, así como pola habilitación de medios de narrar alternativos ao discurso verbal, que se apoian na imaxe. Dentro deste marco de comprensión, o cinema artúrico constitúe unha das manifestacións máis produtivas do neomedievalismo, que acompañou ao desenvolvo da arte cinematográfica case desde os seus comezos. A análise de tres das grandes producións cinematográficas de finais do século XX e comezos do XXI (Excalibur de John Boorman, First Knight de Jerry Zucker e King Arthur de Antoine Fuqua) revela como ditas películas reflicten sucesivos modos de interpretar a cultura medieval e o universo ficcional artúrico, o que á súa vez deixa ver como cada época envorcou neses relatos a súa maneira de explicar a súa propia contemporaneidade ao través das reconstrucións do pasado.
Artigo
Revista: Revista de Poética Medieval
Ano: 2008
Volume: 20
Número: 2
Páxinas: 85 - 123