Dr. Santiago Gutiérrez García

Profesor Titular de Universidade

Grupo Investigación: GI-1350 Románicas (Filoloxía, Literatura medieval)

Despacho: 105

Teléfono: +34 8818 11791 (ext.)

E-mail: santiago.gutierrez@usc.es

Ligazóns: Horario de clases

CV ORCID | Academia.edu

 

Doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Centra a súa investigación en tres eidos principais: 1) a materia de Bretaña, atendendo ó su proceso de recepción na Península Ibérica, á reinterpretación e reescritura dos textos artúricos durante o século XV e a súa evolución tardomedieval, ata desembocar nos libros de cabalarías do século XVI; 2) os estudos sobre neomedievalismo, con atención á presenza da cultura medieval na sociedade actual, tanto nos medios de expresión artística (cine, literatura), como na sociedade en xeral, así como á función que a Idade Media desempeña na conformación das identidades colectivas contemporáneas, e 3) a lírica galegoportuguesa, analizada desde un enfoque teórico e comparatista, que atendeu á conformación dos xéneros líricos, en especial aplicado á sátira e á parodia.