Dr. Manuel González González

Catedrático de Universidade

Grupo Investigación: GI-1743 FILGA (Filoloxía e Lingüística galega)

Despacho: 205

Teléfono: +34 8818 11827 / 12811 –ILG– (ext.)

E-mail: manuel.gonzalez.gonzalez@usc.es

Ligazóns: Instituto da Lingua Galega | Real Academia Galega

 

Catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, onde ocupou diversos cargos académicos. Foi Director dos Cursos de Lingua e Cultura Galegas para estranxeiros, organizados conxuntamente polo ILG, a RAG e a SXPL da Xunta de Galicia. É membro numerario da Real Academia Galega desde 1992, e foi nela secretario, tesoureiro e responsable dos seminarios de Sociolingüística e de Lexicografía e Terminoloxía

 

É director de Termigal e foi vicepresidente da Asociación española de terminología; coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades; foi secretario do Instituto da Lingua Galega e codirixe o Atlas Lingüístico Galego; presidente de Puntogal, asociación encargada de xestionar un dominio lingüístico-cultural galego en Internet; director de Cadernos de Lingua; membro do comité de redacción do Atlas Linguistique Roman.

 

Forma parte do consello científico de prestixiosas revistas especializadas, e a súa investigación oriéntase fundamentalmente aos ámbitos da dialectoloxía, lexicografía, sociolingüística, historia da lingua e fonética. Foi dos iniciadores dos estudos de fonética acústica en Galicia, e dirixiu o equipo que elaborou Laverca. Diccionario de verbos galegos con voz sintetizada. Actualmente centra as súas investigacións nas tecnoloxías da fala; dirixiu CoToVía, o primeiro conversor texto-voz para o galego, en colaboración con enxeñeiros de telecomunicacións da Universidade de Vigo.