
A literatura artúrica en Galicia e Portugal na Idade Media
Ofrece un panorama da difusión da literatura artúrica polo oeste da Península Ibérica, para o que analiza as posibles vías de entrada pola citada área xeográfica e repasa os diferentes testemuños literarios que se compuxeron en galego e portugués durante os séculos medievais. Presta especial atención aos testemuños indirectos que se rastrexan na produción lírica galego-portuguesa.