Afonso X e Galicia

Resulta difícil pensar que aínda quede algo novo por dicir sobre unha figura tan transcendental para a historia e as letras hispánicas do século XIII como é a de Afonso X. Non obstante, cando o especialista se achega a súa figura, bate cunha zona de sombras que envolven, sobre todo, as súas vicisitudes biográficas, en […]

Presentación da Base de datos paleográfica da lírica galego-portuguesa (PalMed)

PalMed (www.cirp.gal ) é unha base de datos que ofrece a transcrición paleográfica de todos os testemuños manuscritos da lírica galego-portuguesa. A súa finalidade é facilitar o labor dos investigadores interesados na realización de estudos paleográficos, grafemáticos, lingüísticos e ecdóticos sobre a produción trobadoresca do occidente ibérico. Co obxectivo de que a realidade “material” dos manuscritos […]

Congreso Límites? Sobre a permeabilidade dos espazos limítrofes

A Università di Siena organiza o 28 e 29 de maio de 2020 o Congreso Límites? Sobre a permeabilidade dos espazos limítrofes, que abordará o concepto de «límite» nos textos literarios románicos compostos ata finais do século XIV desde tres niveles específicos: os límites entre xéneros e contaminacións estilísticas, as isoglosas e as linguas fronteirizas […]

Vai lavar cabelos na fontana fría. As orixes da lírica hispánica

O volume Vai lavar cabelos na fontana fría. As orixes da lírica hispánica, coordinado por Mariña Arbor, ofrece unha descrición da lírica profana galego-portuguesa situándoa nas súas coordenadas histórico-políticas e culturais, ofrécese unha selección de textos das orixes acompañadas de tradución ao galego moderno, fornécese un estudo sobre a música destes textos e achégase unha […]

Vientos del Este, Vientos del Oeste: influencias mutuas nos albores da lírica trobadoresca peninsular

O seminario Vientos del Este, Vientos del Oeste: influencias mutuas nos albores da lírica trobadoresca peninsular, abordará o xoves 24 de outubro na Facultade de Filoloxía a cuestión do mecenádego e actividade cultural promovida nas cortes catalano-aragonesas e  nas grandes casas nobiliarias do noroeste peninsular durante a plena Idade Media, sinalando aqueles trobadores que puideron […]