Seminario de Maurizio Virdis sobre narrativa francesa medieval

O profesor da Università di Cagliari Maurizio Virdis  impartirá o seminario «Dimensioni allegoriche nella narrativa francese medievale» o xoves 11 de abril, ás 12.30 horas. A conferencia terá lugar na Aula B10 da Facultade de Filoloxía e está organizada pola  Área de Filoloxía Románica e o GI-1350 Románicas.

Presentación do libro de Simone Marcenaro La lingua dei trobadores

O Salón de Graos da Facultade de Filoloxía acollerá o 7 de marzo a presentación do libroLa lingua dei trobadores, de Simone Marcenaro (Università del Molise). O acto comezará as 12.30 horas e contará coa participación de Francisco Fernández Rei (Catedrático de Filoloxía Románica) e Ramón Mariño Paz (Catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa).

Memorabilia: Boletín de Literatura Sapiencial 20

A Universitat de València vén de publicar o número 20 da revista en liña Memorabilia: Boletín de Literatura Sapiencial adicada ao estudio, investigación e coñecemento da Literatura Sapiencial e as súas relacións con outros eidos da produción literaria e cultural da Idade Media. Sumario

Incipit 38

O Instituto de Investigaciones Bibliográficas y Crítica Textual Seminario de Edición y Crítica Textual (IBICRIT-SECRIT) vén de publicar o volume 38 da publicación anual Incipit. Arquivo

Mirabilia / MedTrans 8

O Institut d’Estudis Medievals da Universitat Autònoma de Barcelona vén de publicar o número 8 da revista en liña sobre a cultura da Coroa de Aragón Mirabilia / MedTrans. Sumario

Medievalista 25

O Instituto de Estudos Medievais da Universidade Nova de Lisboa vén de publicar o número 25 da revista en liña Medievalista.  Sumario

Tirant 21

O Departamento de Filoloxía Española da Universitat de València acaba de publicar o número 21 de Tirant (Boletín informativo e bibliográfico de literatura cabaleiresca). Sumario

Historias Fingidas 6

O Progetto Mambrino da Università di Verona acaba de publicar o número 6 da revista dixital sobre ficción cabaleiresca castelá Historias Fingidas. Sumario