Publicación de Voces de Mujeres en la Edad Media

A editorial De Gruyter vén de publicar o libro Voces de mujeres en la Edad Media, editado por Esther Corral dentro das actividades do proxecto de investigación Voces de mujeres en la Edad Media: realidad y ficción (siglos XII-XIV) (FFI2014-55628-P).   O volume compila unha serie de estudos de especialistas ao redor de voces de mulleres medievais, […]

Cuarta entrega da base de datos PhiloBIblon

A cuarta entrega da base de datos bio-bibliográfica PhiloBIblon sobre textos romances escritos na Península Ibérica na Idade Media e temperán Renacemento xa está dispoñible para a súa consulta gratuíta en Internet. As catro bibliografías suman 206.509 rexistros de textos medievais escritos en español (BETA), poesía dos Séculos de Ouro (BIPA), textos antigos galegos e portugueses (BITAGAP) […]

Conferencias de Marie-Jeanne Verny sobre lingua e literatura occitanas

A profesora Marie-Jeanne Verny, da Universidad de Montpelhèr 3, ofrecerá dúas conferencias sobre lingua e literatura occitanas, organizadas pola Área de Filoloxía Románica. Panorama da literatura occitana contemporánea. Martes 9 de outubro, ás 12 horas, na sala B03 da Facultade de Filoloxía. A situación sociolingüística do occitano, entre prácticas e representación. Xoves 11 de outubro, […]

Signum – Revista da ABREM 18 (2)

Xa está dispoñible o volume 18, número 2 da Signum – Revista da ABREM, publicada pola Associação Brasileira de Estudos Medievais. O número inclúe  comunicacións do coloquio 500 anos do Auto da Barca do Inferno de Gil Vicente, organizado polos profesores Márcio Muniz e José Camões. Sumario

Número 24 de Medievalista online

A  revista Medievalista online ven de publicar o seu número 24 (xullo-decembro 2018), co seguinte índice: Resumos / Abstracts Editorial: Hoje, como na Idade Média – atrás dos tempos vêm tempos DESTAQUE Martin Codax: a história que a música conta Manuel Pedro Ferreira ARTIGOS Ensinar e Aprender na Évora Medieval André Filipe Oliveira Silva Diplomacia visual […]

A creación e importancia do CIRP desde distintos ángulos

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades continúa coa conmemoración dos 25 anos do seu nacemento cunha xornada temática na que  rememorará o proceso de creación do centro, a razón do seu nome, a relevancia da súa investigación e a súa proxección internacional. O programa desenvolverase no salón de actos do centro o […]

El tapiz de Bayeux: historia, arte, literatura

A Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares organiza a conferencia El tapiz de Bayeux: Historia, arte, literatura, impartida polo profesor da Universidad de Alcalá de Henares Joaquín Rubio Tovar. O acto terá lugar o xoves 14 de xuño ás 12 horas na aula C03 da Facultade de Filoloxía.

Congreso Lengas, patrimòni e identitats. Perspectiva educativa

A Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea (Grupo de Estudios Históricos y Comparados en Educación Garaian y Donostia Research group on Education And Multilingualism – Dream), a École Superieure du Professorat et de l’Éducation d’Aquitaine de l’Université de Bordeaux e o laboratorio E3D, Cátedra del Patrimonio Inmaterial de Navarra de la Universidad Pública de Navarra, […]

Coloquio Internacional Xénero e sexualidade nas culturas hispánicas

O segundo Coloquio Internacional Xénero e sexualidade nas culturas hispánicas terá lugar na Universitat de Lleida os días 8 e 9 de outubro de 2018. Esta actividade busca establecer un diálogo entre propostas procedentes de áreas como a historia, a literatura, a lingüística ou as artes co fin de ofrecer unha mirada ampla, complexa e interdisciplinaria […]

Seminario Pensar a Idade Media

A Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares e o Departamento de Historia da Universidade de Santiago organizan o vindeiro 16 de abril o seminario Pensar a Idade Media, coa participación dos profesores da Universidade do Porto Celia López Alcalde  (coa conferencia La teoria del conocimiento en la Escolástica medieval. Pedro Hispano (s. XIII) y su concepción de […]