A Secçao Portuguesa da AHLM organiza o coloquio Limiares Homen/Animal na Literatura e Cultura da Idade Média no Mosteiro de Tibães (Braga) do 4 ao 5 de xuño de 2020. A organización convida os investigadores en literatura medieval a revisitar o seu obxecto de estudo á luz da relación humano-animal como limiar e continuidade. O prazo para presentar comunicacións remata o 1 de outubro de 2019.