La lírica gallego-portuguesa en la corte de Alfonso X. Autores y textos II

Investigador principal

Pilar Lorenzo Gradín

Equipo investigador

Helena Bermúdez Sabel, , Simone Marcenaro (USC), Stephen Parkinson (Oxford University), Susana Tavares Pedro (Universidade Nova de Lisboa), António Resende de Oliveira (Universidade de Coimbra)

A finalidade fundamental da iniciativa é axuntar a investigación tradicional, esencialmente destinada á contextualización histórica dos autores e á edición crítica e interpretación literaria dos textos, co uso das novas tecnoloxías aplicadas aos estudos filolóxicos e á difusión pública dos resultados alcanzados no decurso da investigación. Do mesmo xeito que se procedeu na primeira etapa do proxecto, seleccionouse para esta nova proposta a un grupo de trobadores que carecen de edicións realizadas conforme aos procedementos da moderna crítica textual e cuxos textos esixen, por tanto, novos estudos e propostas de lectura realizados con métodos e instrumentos filolóxicos sólidos.

 

Os autores que formarán parte da investigación son os seguintes: Afons’ Eanes do Coton, Afonso Mendiz de Besteiros, Estevan Faian, Gil Perez Conde, Johan Vasquiz de Talaveira, Pero Gomez Barroso e Pero Mafaldo. O corpus lírico dos trobadores mencionados suma un total de 89 cantigas (16 cantigas de amor, 17 cantigas de amigo, 52 cantigas de escarnio e maldizer e 4 tensós). A edición dos textos irá acompañada dos seguintes estudos: estudo biográfico dos autores e conexións establecidas co círculo alfonsí, exame codicolóxico da súa produción e discusión dos pertinentes problemas atributivos, estudo lingüístico dos textos, comentario retórico e métrico dos poemas, anotación textual, rimario e glosario, e, finalmente, incorporación de bibliografía selectiva.