O códice 2294 da Biblioteca Nacional de Portugal e o Livro d’Alveitaria do Mestre Giraldo
Investigador principal
Equipo investigador
Vinculado tamén ao Plan I2C da Xunta de Galicia (modalidade A), esta actividade presentábase como continuación da precedente e buscaba profundar no estudo do cód. 2294 da BNP desde unha perspectiva arqueolóxica. Analizouse a materialidade e historia do testemuño, estudando a súa cronoloxía, confección, organización, contido, propietarios, e trazando hipóteses sobre as alteracións materiais que sufriu o volume despois de entrar na BNP.