Voces, espazos e representacións femininas na lírica galego-portuguesa

Investigador principal

Esther Corral Díaz

Equipo investigador

Tania Vázquez García, Almudena Méndez Sánchez, Araceli Luna Magariños, José António Souto Cabo, Isabel Morán Cabanas, Yara Frateschi Vieira, Miguel García-Fernández, Victoriano Nodar Fernández, María Ana Ramos, Michel Sleiman, Javier Castiñeiras López, Mariña Bermúdez Beloso

En coordinación coa Universitat de Barcelona, o obxectivo fundamental do proxecto é o estudo do protagonismo das voces femininas (ficticias, pois non se conservan nomes de «trobadoras») e do seu espazo na lírica galego-portuguesa, sempre en relación coa lírica románica, atendendo ás súas principais representacións, e tendo en conta os ámbitos histórico e artístico nos que se enmarca.