A lírica amorosa galego-portuguesa foi, a miúdo, estudada desde a perspectiva que ofrece a análise independente da cantiga de amor e a cantiga de amigo. Con todo, unha parte da crítica especializada ten demostrado que os límites entre ambos xéneros non sempre constitúen unha fronteira estática, senón que, pola contra, no devir da tradición percíbense frecuentes transvasamentos diexéticos e/ou estruturais entre as dúas modalidades citadas. Para incidir neste particular, a achega baséase no estudo detallado da totalidade do corpus en sincronía e diacronía. A organización dos datos permitiu expor que, á luz dos manuscritos, o «dialogismo» amor e amigo púxose en marcha en Galicia ao redor da segunda década do século XIII con Pai Soarez de Taveirós. A partir desta data, o procedemento mantívose activo cunha función dinamizadora ata a época de don Denis. A confluencia das voces do trobador e a amiga ao redor dun mesmo tema reflicte novas posibilidades expresivas no rexistro amoroso galego-portugués desde o interior da propia tradición.
Capítulo
Libro: Carte romanze
Volume: 6
Número: 1
Páxinas: 41 - 58
ISSN: 2282-7447