La muerte por amor en Johan Soarez Somesso: discusión del tópico en los primeros trovadores gallego-portugueses

Carmen de Santiago Gómez

A aportación céntrase na producción de Johan Soares Somesso —notable representante das primeiras xeracións da lírica galego-portuguesa— para poñer de manifesto que xa nos albores do movemento trobadoresco peninsular houbo autores que cuestionaron algúns dos tópicos máis produtivos da cantiga de amor para participar nun innovador xogo (meta)literario. En concreto, na contribución abordasee a polémica que suscitoou a consideración da morte por amor como o único remedio á coita do amante. Asemade, o estudo atenderá tanto á producción dos autores que se integran na mesma xeración que Somesso como á daqueles que o precederon para dilucidar se a composición dos seus textos insérese nunha dialéctica literaria que xurdeu nunhas coordenadas concretas no seo da tradición trobadoresca do occidente ibérico.