De bello Runcievallis: la composition de la bataille de Roncevaux dans la chronique de Turpin
Artigo sobre a composición do episodio de Roncesvalles na crónica latina. Analízanse pormenorizadamente as diferentes fases da organización do episodio, a creación de pasaxes paralelas, as alteracións sobre o argumento da mesma batalla na Chanson de Roland e, sobre todo, ofrécese unha estrutura moi nova da distribución dos mortos en combate, cuxa distribución se organiza en función de liñaxes épicas ou de criterios xeográficos e territoriais.