Dúas notas sobre a transmisión manuscrita da lírica profana galego-portuguesa
A presenza dun reclamo colocciano nunha rebarba dun folio do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa lévanos a propoñer que, trala reformación e reestrutura do caderno 9 efectuada en 1995 se debe realizar unha re-reformación e re-reestrutura do devandito caderno do apógrafo italiano. Ademais, afírmase que, con moita probabilidade, o Pergamiño Sharrer, constituiría un folio do antecedente de B e V.