As cantigas de amigo galego-portuguesas ofrecen un abano amplo de voces de mulleres que refiren os seus amores seguindo os parámetros marcados pola tradición do arquetipo da chanson de femme. Na contribución realízase unha análise das características da protagonista feminina, tanto os trazos da descrición física que se mencionan como os elementos da vestimenta, condición social e trazos psicolóxicos que mostra. Ademais, analízanse figuras femininas coadxuvantes como a ‘nai’, ‘irmás’, ‘amigas’, etc. Chégase á conclusión de que a feminidade textual que se albisca na cantiga de amigo é sempre obra de autores masculinos que proxectan na tipoloxía as directrices que marcaba a factura do xénero da canción de muller románica, aínda que as características definitorias da escola imprimirán unha imaxe feminina propia e certamente máis variada que as súas homónimas románicas.
Capítulo
Libro: Medieval Woman’s Song: Cross-Cultural Approaches
Anne L. Klinck , Ann M. Rasmussen (eds.)
Lugar: Philadelphia
Editorial: University of Pennsylvania Press
Ano: 2002
Páxinas: 81 - 98
ISBN: 978-0-8122-3624-6