
Introdución de Mercedes Brea. O román de Flamenca escribiuse no século XIII e chegou a nós de forma case milagrosa, pois se coñece grazas a un único manuscrito, custodiado na Biblioteca Municipal de Carcasona. Esta obra occitana de autor anónimo pasou inadvertida ata mediados do século XIX e agora, nos albores da presente centuria, podemos lela en español por primeira vez grazas á tradución de Antoni Rossell.