La Cantiga 343: un caso di indemoniato loquace

Manuel Negri

Na Cantiga de Santa Maria núm. 343, o demo doa a unha posuída a facultade de revelar os pecados non confesados dos fieis que están diante dela. A pesar de que non se coñeza, ao día de hoxe, unha fonte directa deste miragre para o scriptorium afonsí, o tema da ‘revelación diabólica’ si se atopa en algunhas colectaneas de exempla noutros contextos narrativos cronoloxicamente e culturalmente próximos á corte do Rei Sabio. A través dunha lectura contextualizada da Cantiga 343, o presente estudo quere amosar as relacións estreitas que a primeira ten coa cultura do seu tempo, sexa para educar aos fieis na boa práctica da confesión (tema ‘quente’ do séc. XIII) sexa para xerar, entre o auditorio das Cantigas, diversión e marabilla.