
O traballo constitúe o primeiro dos dous volumes de estudo que acompañan a edición facsimilar do Códice Rico del Escorial. Preséntase a edición crítica de todos os textos do Mss. RBME T-1-1, co seu correspondente aparello crítico, notas ao texto e tradución castelá de todas as cantigas do códice.