Le débat Uns amics et un’amia de Guilhem de la Tor et Sordel dans la tradition des troubadours

Esther Corral Díaz

O debate entre Guillen de la Tor e Sordel expón unha cuestión pouco habitual no código da fin’amor: que debe facer o namorado cando morre a súa dama?. A pregunta e a súa argumentación posterior no diálogo que establecen os dous trobadores pode gardar relación coas biografías tan particulares de ambos os autores. Ao mesmo tempo, hai que ter en conta a data de composición , xa que a lírica occitana atopábase xa en fase de decadencia, cando se estendía fóra das fronteiras d’oc e indáganse novas formas temáticas e expresivas na escola.