Les clairs-obscurs des lais galégo-portugais. Circulation et réemploi des romans arthuriens

Pilar Lorenzo Gradín

A tradición manuscrita galego-portuguesa transmite cinco lais artúricos, dos que tres son adaptacións de poemas da versión II do Tristan en prose francés (ca. 1240). Pola contra, as dúas pezas restantes (O Marot aja mal grado y Ledas sejamos ogemais) carecen dunha fonte poética de referencia. Esta circunstancia ocasionou que unha parte da crítica propuxera a posibilidade de que ambos poemas fosen recreacións elaboradas por un trobador galego-portugués a partir de pasaxes en prosa do ciclo da Post-Vulgata. Non obstante, este traballo suxire a posibilidade de que o autor peninsular manexara unha versión reelaborada (e perdida) do Pseudo-Robert de Boron que xa contiña os dous intermezzi líricos apuntados. Por outra banda, a contribución constata que a serie de lais sufriu unha reorganización por parte dun compilador que modificou a orde inicial das pezas en función dos seus gustos estéticos. Finalmente, o artigo proxecta a análise codicolóxica dos textos no conxunto da tradición manuscrita para argumentar que os poemas bretóns se incorporaron á mesma na súa última fase de elaboración (ca. 1325-1350).