Estudo sobre o papel da ficticia cidade hispana de Luiserne no seo do imaxinario épico dos cantares de xesta franceses. Nos diferentes casos analizados, a cidade é obxecto de asedio e/ou conquista por parte dos guerreiros novos integrados no exército de Carlomagno. Esta fazaña militar, resolta de forma desigual nos diferentes cantares, conforma en todos os casos unha aventura iniciática que forxa o comportamento dos mozos en combate.
Artigo
Revista: Medioevo Romanzo
Ano: 2010
Volume: 34
Número: 2
Páxinas: 264 - 290