As Cantigas de Santa Maria inclúen varias referencias a santos da tradición católica. Aínda que algúns deles ocupen un papel activo nalgúns miragres, a maior parte dos nomes recollidos na obra mariana de Afonso X só está mencionada nun contexto extra-narrativo. A partir da definición destes últimos como ‘santos non protagonistas’ e despois dun censo dos nomes presentes nas Cantigas marianas que poidan encaixar neste perfil, o traballo quere estudar os contextos das súas evocacións así como a variedade de funcións desenvolvida nos textos: retórica, métrica, nomen auctoritatis, xuramento etc.
Artigo
Revista: Aevum. Rassegna di scienze storiche linguistiche e filologiche
Ano: 2017
Volume: 91
Número: 2
Páxinas: 515 - 536