Non-Protagonists Saints Mentioned in the Cantigas de Santa Maria: a View

Manuel Negri

As Cantigas de Santa Maria inclúen varias referencias a santos da tradición católica. Aínda que algúns deles ocupen un papel activo nalgúns miragres, a maior parte dos nomes recollidos na obra mariana de Afonso X só está mencionada nun contexto extra-narrativo. A partir da definición destes últimos como ‘santos non protagonistas’ e despois dun censo dos nomes presentes nas Cantigas marianas que poidan encaixar neste perfil, o traballo quere estudar os contextos das súas evocacións así como a variedade de funcións desenvolvida nos textos: retórica, métrica, nomen auctoritatis, xuramento  etc.