
Durante décadas, o pergamiño que contiña o fragmento galego do Livro de Tristan deuse por perdido. Mais, afortunadamente, o prezado testemuño –que era proba directa da circulación da V. II do Tristan en prose francés no occidente ibérico– non desaparecera, senón que tan só estaba descolocado no Arquivo Histórico Nacional de Madrid, onde foi localizado a finais do ano 2009. Esta publicación parte da consulta directa do pergamiño para ofrecer unha nova proposta de edición paleográfica e crítica do texto transmitido no célebre bifolio.