
Trobadores. Database della lirica galego-portoghese
A publicación contén, ademais dunha guía que facilita o seu manexo, un CD co corpus completo da lírica profana galego-portuguesa, nunha versión anterior á que pode atoparse en MedDB.3, pero con posibilidades de busca diferentes e complementarias, xa que o software empregado é o mesmo que se usa para Trobadors e Trouveors. O resultado é froito da colaboración entre as universidades La Sapienza de Roma e Calabria, por unha parte, e, pola outra, a Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades.