“Un milagre eucarístico entre Galicia e Portugal: fontes e contextos da Cantiga de Santa Maria 104”
As Cantigas de Santa Maria, escritas na segunda metade do século XIII por Alfonso X e os seus colaboradores, recollen algúns milagres que presentan un tema de gran actualidade no seu momento: o eucarístico. Neles, homes e mulleres experimentan a transformación en carne e sangue das hostias consagradas, realizándose así a nivel exterior os principios do dogma da transubstanciación. Despois dun censo destas Cantigas, todas problemáticas no que ten que ver coa determinación das súas fontes, preséntase o caso da Cantiga de Santa Maria 104, para a cal Jaime Ferreiro Alemparte e José Filgueira Valverde pensaron nun modelo escrito pertencente á obra do alemán Cesario de Heisterbach e nunha canle de transmisión galego, se se ten en conta a localización do relato: Caldas de Reis. A través dun renovado estudo comparativo entre o texto galego-portugués e a tradición de referencia, chégase a unha hipótese alternativa á dos dous anteriores especialistas e que establece distintos niveis e áreas de influencia en cada sección do relato mariano a partir de os Opuscula de Pier Damiani e do modelo narrativo do Santíssimo Milagre de Santarém. Finalmente, grazas a esta hipótese, vanse a propor novas consideracións sobre o período de entrada do milagre na corte alfonsina e as motivacións políticas e doctrinales que o farían posible.